Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bo Celta Fortuna non puido sumar contra a Ponferradina

Un bo Celta Fortuna non puido sumar contra a Ponferradina

O gol de Raúl Blanco na segunda metade non impediu a derrota celeste

G24.gal 27/08/2023 23:22

Custoulle o inicio de liga ao Celta Fortuna nun campo tan complexo como o Toralín.

O equipo de Claudio Giráldez lamentou a súa xuventude na primeira metade con 2 penaltis tras mans de Bartolomé nas dúas ocasións en xogadas sen un excesivo perigo.

A Ponferradina non perdoaría e o partido poríase moi costa arriba para os celestes.

Na segunda metade o Celta Fortuna melloraría e tería moitas ocasións, transformando Raúl Blanco un gran centro de Hugo Álvarez despois duns caneos espectaculares e dunha boa xogada colectiva.

O filial tería máis ocasións, mais non as materializaría e volverían a Vigo cunha derrota por 2-1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar