Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UD Ourense apaña a segunda derrota da temporada en Anduva (2-0)

A UD Ourense apaña a segunda derrota da temporada en Anduva (2-0)

Un dobrete de Unzueta na primeira metade deixou sen opcións aos galegos

A UDO mantívose no partido, pero non foi quen de facer dano a Chus Ruiz

Foto: @CDMirandes
G24.gal 05/09/2026 18:57

A UD Ourense non puido estrear a conta de puntos nesta primeira temporada na 1ª RFEF, que lle deparou un calendario moi esixente no inicio. Despois de caer no Couto contra a Ponferradina, a segunda xornada deparaba a saída a Miranda de Ebro, diante dun claro aspirante a rematar na primeira posición. 

O Mirandés, que acaba de descender da Segunda División, cambiou practicamente a totalidade do seu plantel. Pero formou un equipo cheo de xogadores experimentados no fútbol profesional.

Os dous goles que decidiron o partido levaron a signatura dos mesmos futbolistas. Dúas asistencias perfectas de Markel Lozano, foron rematadas á rede por Íker Unzueta. O ex-xogador do Lugo non perdoou, establecendo un 2-0 que xa non se movería.

A UD Ourense buscou as súas opcións, pero acusou as ausencias de Sergi Baldrich e Rufo. Co canteirán Mauro na punta do ataque, non foi quen de facer dano. A mellor ocasión dos galegos foi un remate de Bastida logo dunha contra que sacou a c´rner Chus Ruiz.

Na segunda metade a UD Ourense tivo os seus momentos de dominio, pero os minutos pasaban sn que chegase a inquedar a un Mirandés que seguiu a ter ocasións. Todas foron desbaratadas por un gran Manu Vizoso. Ao final, 2-0 en Anduva. O cadro ourensán terá que seguir agardando polos primeiros puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar