Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra malla no Arenas (4-1) no exilio de Portonovo

O Pontevedra malla no Arenas (4-1) no exilio de Portonovo

Os granates non acusaron o cambio de escenario por culpa do estado do céspede de Pasarón

Elejalde, Mba, Compa e Rui foron os autores da goleada

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 05/09/2026 21:05

En Baltar polo mal estado do céspede de Pasarón, o Pontevedra asinou unha gran vitoria ante o Arenas de Getxo. Triunfo poro 4-1.

No minuto once marcaba Elejalde tras un pase de Mba, un dos máis destacados do partido. De feito, del foi o segundo gol dos granates, xa á volta do descanso. E completaban a goleada para o Pontevedra Compa e Rui Pedro, cun gran gol, nun segundo tempo no que o Arenas foi claramente inferior ante o dominio do equipo de Rubén Domínguez.

O autor do gol da honra dos de Getxo foi Telletxea, xa no tempo engadido do partido

O Pontevedra encadea a segunda vitoria e deixa moi boas sensacións neste comezo de liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar