Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing perde pola mínima no Francisco de la Hera (1-0)

O Rácing perde pola mínima no Francisco de la Hera (1-0)

Decidiu o tanto de Escudero para o Extremadura, xa na segunda metade

Os departamentais intentárono ata o final, pero non foron quen de igualar

Foto: @racingferrolsad
G24.gal 06/09/2026 20:21

O Rácing non puido traer nada positivo da súa visita ao Extremadura, ao que lle abondou un gol de Escudero na segunda metade para quedar cos puntos, e deixar aos de Javi Vázquez cun único punto despois de dúas xornadas.

Os primeiros achegamentos foron dos locais, con senllos remates desviados do propio Escudero e tamén de Kike Márquez. O primeiro disparo dos racinguistas tampouco colleu portería, a cargo de Álvaro Ramón. Si o fixo outro remate no treito final, que obrigou a Alfonso Liceras a empregarse a fondo. E así chegouse ao descanso sen goles no Francisco de la Hera.

A segunda metade comezou cunha acción que rematou en gol de Kike Márquez, pero o dianteiro axudouse coa man na xogada e o tanto non subiu ao marcador. Seguiuno intentando o Extremadura nese treito, con centros laterais que se paseaban pola área, pero a máis clara foi do Rácing, cun remate lonxano de Buján que se estrelou violentamente no pau. 

No minuto 63 ía chegar o gol do partido. Foi á saída dun córner, cando Lucas Díaz non mediu ben, e Escudero rematoua pracer ás súas costas para adiantar aos locais.

Buscou a igualada o Rácing, pero non era o seu día. Os últimos intentos de Raúl Blanco e Arroyo non atoparon portería, e o partido rematou con triunfo local. O Rácing queda cun so punto.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade