Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un barco permanece afundido no peirao de Portosín desde esta fin de semana

Un barco permanece afundido no peirao de Portosín desde esta fin de semana

A embarcación, de madeira, levaba máis dun ano amarrada a porto

Desde a confraría de pescadores advirten da existencia doutros tres barcos ancorados sen actividade desde hai tempo

G24.gal 15/09/2025 14:00

Inspección pesqueira perimetrou o lugar con barreiras de contención e absorción para intentar evitar que os residuos do barco afundido no peirao de Mariño, en Portosín, contaminen as augas.  

"A verdade é que non tiña moito residuo que botar o barco", di o patrón maior, Isaac Gaciño.

A embarcación de madeira, duns doce metros de eslora, foise a pique esta fin de semana. Levaba un ano amarrada e sen actividade.

"Hai uns días estivemos mirando que parece que estaba moi baixo, parece que tiña unha vía de auga no interior. De Portos avisaron o antigo propietario e díxolle que o barco estaba vendido para Mauritania, que reside na Palmas de Gran Canaria", explica Gaciño.

Desde a confraría de pescadores temen que o cambio de propietario poida demorar o reflote do barco. Levaba máis dun ano amarrado e sen actividade.

"O barco leva vendido a este propietario desde agosto do ano pasado; se non veu antes por el, agora que vai pasar". "Se non Portos de Galicia terá que reflotalo, un barco afundido no peirao non é opcional", afirma.

En Portosín hai máis embarcacións que xa non saen pescar.

"Aquí temos tres, catro barcos sen actividade. Nós notificamos a Portos de Galicia e eles toman as súas medidas", apunta.

O patrón maior confía que no lugar onde se atope afundido o Sievil axiña comecen as obras do proxecto experimental de embarcadoiros para o cerco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade