Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan en bo estado os dous tripulantes dun pesqueiro afundido fronte a Estaca de Bares

Rescatan en bo estado os dous tripulantes dun pesqueiro afundido fronte a Estaca de Bares

O Padriño afundiuse a seis millas ao noroeste do cabo e a súa radiobaliza activou o aviso

Foron localizados nunha balsa salvavidas pola Salvamar Shaula

G24.gal 13/08/2025 17:26

Salvamento Marítimo rescatou en bo estado os dous tripulantes do pesqueiro O Padriño, que afundiu este mércores a seis millas ao noroeste de Estaca de Bares.

A alerta saltou ás 12:20 horas, cando se activou a radiobaliza da embarcación.

Ata o lugar desprazouse a Salvamar Shaula, con base no porto de Cariño, que localizou os mariñeiros a bordo dunha balsa salvavidas e os rescatou.

O helicóptero Helimer 402 tamén se mobilizou para inspeccionar a zona do afundimento e garantir que non quedasen restos ou riscos para a navegación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade