Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un barco da Armada rescata dous tripulantes dun veleiro afundido na ría da Arousa

Un barco da Armada rescata dous tripulantes dun veleiro afundido na ría da Arousa

Trasladáronos sans e salvos ata o Club Náutico-Mariña Cabo de Cruz

A embarcación Salvamar Sargadelos A embarcación Salvamar Sargadelos
G24.gal 13/05/2023 21:37

Rápido rescate o realizado este sábado pola tarde en augas da ría da Arousa. Os dous tripulantes dun veleiro que envorcou por un refacho de vento cando navegaba pola ría de Arousa foron rescatados por unha lancha pneumática da escola naval.

A emerxencia producíase este sábado, cando un refacho de vento fixo que o veleiro envorcara e tirara á auga os seus dous tripulantes. Afundiu de xeito moi rápido coa entrada de auga pola popa do barco. Os náufragos, que levaban chaleco salvavidas, pediron auxilio a través do sistema VHF.

Salvamento Marítimo mobilizou a embarcación Salvamar Sargadelos e o helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia.

Os dous tripulantes foron rescatados da auga en bo estado de saúde por unha lancha pneumática da escola naval que se atopaba pola zona vixiando unha regata.

Trasladaron os dous homes ata o Club Náutico-Mariña Cabo de Cruz, lugar do que procedía o veleiro que se afundiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade