Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un aparatoso accidente obriga a pechar a AP-1 na provincia de Burgos

Un aparatoso accidente obriga a pechar a AP-1 na provincia de Burgos

Os automobilistas atrapados en retencións quilométricas durante horas precisaron avituallamento por parte da Cruz Vermella

G24.gal 04/08/2022 20:30

O choque entre dous camións obrigou a pechar a AP-1 ao seu paso pola provincia de Burgos. O accidente provocou retencións quilométricas, polo que centos de automobilistas quedaron atrapados durante horas con temperaturas superiores aos 40 graos.

Protección Civil e Cruz Vermella tiveron que mobilizarse para darlle asistencia e avituallamento ás persoas afectadas por esas retencións. O accidente produciuse á entrada dun dos túneles de Pancorbo. A esta hora a autovía xa foi reaberta.

No accidente quedaron feridos os condutores dos dous camións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade