Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano máis, Vigo mantén a expectación xeral ante o acendido das luces de Nadal

Un ano máis, Vigo mantén a expectación xeral ante o acendido das luces de Nadal

Hai once mil leds colocadas, pero vaise reducir o tempo diario de acendido para aforrar enerxía

O alcalde di que a cabalgata de reis vai ser a mellor da historia e do mundo

G24.gal 18/11/2022 15:00

Mañá pola tarde desde a Porta do Sol, coa inmensa árbore de Nadal, darase o tiro de saída ao acendido das luces. Once millóns de leds para iluminar as rúas de Vigo, este ano con máis espazo e con moitas novidades que se incorporan a un espectáculo xa tradicional por esas datas, que atrae non só os veciños, senón tamén moitos visitantes que xa están chegando e que contan as horas para que a cidade se encha de luz e de panxoliñas. Unha auténtica estampa de Nadal.

A conta atrás empezou hai semanas no reloxo instalado no centro de Vigo, e agora, cando queda pouco máis dun día e está todo preparado, a preocupación é o tempo.

"A ver se non chove mañá polo menos"
"A ver se se porta o tempo"

"E se chove, abrimos os paraugas e temos un acedido de luces espectacular", di 
o alcalde, Abel Caballero.

Veciños e visitantes aseguran que o espectáculo beneficia a cidade, e polo menos a maioría dos que enquisamos, aplauden a iniciativa.

"Aproveitaremos, xa que estamos aquí porque son moi famosas"
"Beautifull"
"Divertímonos moito os vigueses coas luces".
"Unha marabilla"
"É un evento eu creo que único", sinalan.

"A min encórdiame moito", di unha señora na rúa.


Xa para xaneiro, segundo Caballero, vai haber a mellor cabalgata de Reis da historia.

"A primeira cabalgata pospandemia  vai ser a mellor da historia de Vigo. Non quere dicir que vaia ser a mellor do mundo, pero eu si que o creo, si que o creo", di Caballero.

É o que cre o alcalde, con razón ou sen ela, tamén o dan por certo polo menos algúns veciños.

"Ten razón o alcalde, as luces vense desde Nova York, e creo que desde Dubai", comenta, entre risas, unha viguesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade