Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colocan unha cámara de control nun semáforo de Celanova e dispáranse as sancións

Colocan unha cámara de control nun semáforo de Celanova e dispáranse as sancións

 A medida busca detectar posibles infractores e mellorar a seguridade viaria

G24.gal 26/08/2026 14:48

Certo que de sorpresa non debería pillar a ninguén: un sinal advirte a presenza de cámaras de control do semáforo xusto a entrada de Celanova. Pero o caso é que as sancións cóntanse por ducias dende que empezou a funcionar hai apenas dous meses.

"Falábanme o outro día, non sei, centos de persoas nun período realmente curto de tempo. Mesmo a alguén da miña familia lle pasou e me xuraba e me perxuraba que nunca pasou en vermello ese semáforo".

Malia haber un límite de velocidade de 30 quilómetros por hora non é un radar, o que fai é controlar se alguén salta o semáforo en vermello. Os condutores dispoñen de catro segundos para frear mentres a luz está en ámbar.

"O tempo que ten as veces desespera un pouco, a luz está aí prendida e tí pasas, porque teño entendido que moita xente caeu aí".

"Eu entendo perfectamente que entran a unha velocidade algo decente e non lle dá tempo a frear, o exceso de velocidade non multaría nese sentido polos trinta quiómetros, pero que estea para respetar o semáforo e que poidan pasar os peóns, si".

O semáforo está situado na OU-540, moi preto do centro de saúde e xusto a carón dun cruzamento que leva a varias localidades cercanas, como vilanova ou Freixo, por exemplo, por iso na zona hai bastante tráfico e tránsito de peóns.

"Hai que ter coidado porque baixan de arriba, hai un paso de peóns alí cerca, e se saltan o semáforo en vermello, está ben multalos, eu niso estou de acordo".

"Multas hainas porque a xente non respeta o que ten que respetar, que do contrario non as habería, ou sexa, que o semáforo está ben".

Saltar un semáforo en vermello está catalogado como unha infracción grave e implica unha sanción de douscentos euros e a perda de catro puntos do carnet de conducir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos