Cargando resultados...
Un mozo de 16 anos, ferido moi grave tras bater coa bici cun turismo en Tui
O mozo dirixíase a pescar e por causas que se están a investigar chocou contra o cristal frontal do vehículo que quedou estragado
G24.gal
26/05/2025 12:54
A Garda Civil investiga as causas do accidente en que quedou grave un mozo de 16 anos tras bater coa súa bicicleta contra un turismo. Ocorreu ás catro da tarde do domingo no cruzamento da PO-404 coa estrada que conduce á estación ferroviaria de Guillarei.
O mozo dirixíase a pescar e por causas que se están a investigar chocou contra o cristal frontal do vehículo que quedou estragado. O ciclista foi trasladado en estado moi grave ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, mentres que o condutor do vehículo quedou ileso.