Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa EBici da Xunta

Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa EBici da Xunta

As axudas poderán solicitarse ata o 13 de novembro do ano 2026 ou ata que se esgote o crédito en calquera dos establecementos asociados ao programa

Pode adherirse calquera establecemento de Galicia que se dedique total ou parcialmente á venda de bicicletas
G24.gal 16/05/2025 16:59

Abre o prazo para os usuarios interesados en comprar bicicletas eléctricas con pedaleo asistido ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas subvencionadas coa nova convocatoria do programa EBici.

Tal e como explicou a Xunta, as axudas poderán solicitarse ata o 13 de novembro do ano 2026 ou ata que se esgote o crédito en calquera dos establecementos asociados ao programa, que serán os encargados de presentar estas solicitudes para concluír a compra.

O importe destas subvencións parte do 50% do custo cun máximo de 500 euros con carácter xeral.

As familias numerosas contarán cun 60% de desconto co máximo en 600 euros e no caso das familias numerosas de categoría especial ou as persoas con mobilidade reducida as axudas aumentan ata o 70% ou un máximo de 700 euros do custo da bicicleta ou dispositivo adaptado para cadeira de rodas.

A listaxe de establecementos asociados pódese consultar a través da páxina web https://ebici.xunta.gal da Dirección Xeral de Mobilidade e irase actualizando segundo avance o programa, xa que o prazo dos establecementos para adherirse a EBici segue aberto, polo que poderán seguir sumándose ata o 31 de agosto do 2026.

Pode adherirse calquera establecemento de Galicia que se dedique total ou parcialmente á venda de bicicletas e serán os encargados de presentar, de maneira electrónica, a solicitude de axuda para completar a compra.

De momento, desde a apertura do prazo o 2 de maio, xa se sumaron máis de 80 entidades. Esta nova convocatoria estará dotada con 1,7 millóns de euros, distribuídos en dúas anualidades: 1 millón de euros en 2025 e 700.000 euros en 2026. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade