Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fabril precisa o triunfo na Condomina para seguir adiante no 'playoff'

O Fabril precisa o triunfo na Condomina para seguir adiante no 'playoff'

O filial necesita o triunfo porque se o partido chega en empate ao termo da prórroga xa non se lanzarían os penaltis

Foto Deportivo
G24.gal 16/05/2025 16:19 Última actualización 16/05/2025 16:25

O Fabril mídese mañá sábado 17 de maio ás 19:00 ao UCAM Murcia C. F. no partido de volta da primeira eliminatoria de ascenso a Primeira Federación.

O choque de ida xogado o pasado domingo en Riazor acabou en táboas (0-0).

Manuel Pablo confirma a baixa de Manu Ferreiro pero si a presenza de Bil, e "con algún xuvenil enchendo a convocatoria".

O filial viaxou esta mañá e realizará esta tarde un último adestramento previo ao encontro en Murcia.

"Xa que temos poucos efectivos, non perder máis no día a día. Estamos concentrados e con ganas de afrontar ese partido".

O filial necesita o triunfo porque se o partido chega en empate ao termo da prórroga xa non se lanzarían os penaltis. Pasarían os murcianos posto que foron mellores clasificados en liga, terceiros do grupo 4º, que os fabrilistas, cuartos do grupo 1º.

O UCAM Murcia C. F. quere un grande ambiente na Condomina. Para iso, cada socio poderá retirar 2 entradas a maiores por só 10 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade