Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nunca deixe móbiles e portátiles nos coches aparcados, nin agochados

Nunca deixe móbiles e portátiles nos coches aparcados, nin agochados

A Garda Civil alerta de que os ladróns poden detectar teléfonos móbiles, ordenadores portátiles e tabletas aínda que estean dentro de mochilas ou ocultos nos maleteiros

Os ladróns localizan as redes wifi e bluetooth e tamén as baterías de litio que levan estes dispositivos

G24.gal 27/05/2025 14:11

Xa é sabido que deixar móbiles ou portátiles á vista nun coche aparcado é chamar os ladróns. Hai xente máis precavida que os deixa nos maleteiros. Pois, ollo, isto tampouco é seguro. A Garda Civil alerta de que os ladróns empregan innovadores métodos para detectalos tamén cando están agochados. Coas redes wifi e bluetooth poden detectar dispositivos nos maleteiros e en mochilas ou bolsos.

As máis confiadas deixan á vista tabletas, portátiles e móbiles. Logo están os que tamén os deixan nos coches aparcados na rúa, pero polo menos toman precaucións: metelos en mochilas e nos maleteiros.

Pois de pouco vale deixalos agochados. Que llo digan a Ridvan, que lle roubaron o portátil gardado na mochila tres veces.

E é que os métodos dos ladróns avanzaron. Os ladróns cos seus móbiles detectan redes wifi e bluetooth abertas tamén teñen dispositivos que localizan as baterías de litio. Por iso a Garda Civil recomenda sempre levar para casa estes dispositivos e non deixalos nos coches.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade