Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller de 81 anos e a súa filla resulta ferida de gravidade nun accidente en Piñor de Cea

Falece unha muller de 81 anos e a súa filla resulta ferida de gravidade nun accidente en Piñor de Cea

O sinistro produciuse cando o turismo sufriu unha saída de vía e chocou contra unha árbore

Ata o lugar do suceso desprazáronse unha ambulancia do 061, así como o helicóptero medicalizado H-3 Ata o lugar do suceso desprazáronse unha ambulancia do 061, así como o helicóptero medicalizado H-3
G24.gal 28/05/2025 20:50

 

Unha muller de 81 anos faleceu e a súa filla resultou ferida de gravidade nun accidente rexistrado na OU-0403, a estrada que una A Devesa e A Corna, en Piñor (Ourense).

O sinistro produciuse cando un turismo sufriu unha saída de vía e chocou contra unha árbore. No interior do vehículo viaxaban cinco persoas, todos membros da mesma familia.

A acompañante do asento dianteiro, unha muller de 81 anos, veciña de Piñor de Cea e nai da condutora, perdeu a vida no acto.

A condutora, filla da falecida, sufriu feridas de gravidade, mentres que o ocupante do asento traseiro, pai da condutora, resultou ferido leve.

No vehículo tamén se atopaba un bebé, que non sufriu danos grazas ao correcto uso do sistema de retención infantil homologado. Tanto a condutora como a pasaxeira dianteira facían uso do cinto de seguridade no momento do accidente.

Ata o lugar do suceso desprazáronse unha ambulancia do 061, así como o helicóptero medicalizado H-3, que colaboraron na atención e traslado dos feridos.

As autoridades investigan as causas exactas do accidente, mentres a comunidade de Piñor de Cea atópase consternada por esta traxedia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade