Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación en Aranga tralo accidente dun camión con 40 toneladas de cervexa

Restablecida a circulación en Aranga tralo accidente dun camión con 40 toneladas de cervexa

O sinistro obrigou a cortar o tráfico da autovía A-6 en sentido Madrid e provocou retencións quilométricas

O camión cortaba por completo a circulación en sentido Madrid O camión cortaba por completo a circulación en sentido Madrid
G24.gal 28/05/2025 17:53 Última actualización 29/05/2025 08:38

Contra as 5:55 horas reabriu ao tráfico o treito da A-6 pechado este martes despois de que un camión que transportaba 40 toneladas de cervexa envorcara no quilómetro de 553 en Aranga, A Coruña.

O sinistro produciuse sobre as 14.40 horas. Varias persoas alertaron do suceso e explicaron que o camión cortaba por completo a circulación en sentido Madrid.

O condutor, que foi auxiliado por varios particulares no punto, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O Consorcio Provincial de Bombeiros trasladou que ao momento se desprazaron efectivos do parque de Betanzos e que se habilitou un desvío pola N-6, á altura do 560.

O suceso provocou importantes retencións. A circulación restableceuse a primeira hora da mañá deste mércores despois de dezaseis horas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade