Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empregados dunha gasolineira de Murcia fanlle fronte a un ladrón armado cunha pistola

Empregados dunha gasolineira de Murcia fanlle fronte a un ladrón armado cunha pistola

A caixeira e un operario lograron reducir o atracador, que ao cabo fuxiu sen botín

Foi identificado grazas ás imaxes das cámaras de seguridade e detido días despois

G24.gal 28/05/2025 13:21 Última actualización 28/05/2025 14:08

As imaxes da cámara de seguridade recollen con nitidez o momento no que o atracador entra na tenda dunha estación de servizo das aforas da localidade murciana de Águilas. Reclamaba, pistola en man, que lle entregasen a recadación, pero os empregados do local non parecían moi receptivos malia a ameaza da arma.

Os dependentes non só non cedían ás súas pretensións, senón que lle fixeron fronte, como se ve na secuencia de imaxes da cámara de vixilancia. 

Cando se achegou á caixa, a caixeira aproveitou para botarlle un spray nos ollos e, malia que o ladrón respondeu con disparos, o outro empregado botóuselle enriba para tentar reducilo.

Finalmente acabou fuxindo sen botín pero a Garda Civil e a Policía Local de Águilas lograron identificalo e detelo.

Trátase dun delincuente coñecido na zona que resultou ser o que días antes do atraco roubara un coche noutra localidade próxima. Foi o vehículo co que se achegou a gasolineira que, a raíz da detención foi recuperado e devolto ou seu dono.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade