Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis implicados no roubo de ordenadores nun instituto de Vilalba 

Seis implicados no roubo de ordenadores nun instituto de Vilalba 

No grupo, que se desprazaba dende Lugo, hai dous menores

O valor do material informático é duns 15.000 euros 

Un dos axentes da Garda Civil de Lugo que participou na investigación Un dos axentes da Garda Civil de Lugo que participou na investigación
G24.gal 27/05/2025 13:48

As indagacións da Garda Civil permitiron a detención de catro persoas e a imputación en calidade de investigados de dous menores de idade. 

Formaban parte dun grupo perfectamente organizado, con roles predefinidos, segundo os investigadores, con domicilio en Lugo.

O roubo que lles atribúen tivo lugar o pasado mes de febreiro, no Instituto de Educación Secundaria Lois Peña Novo, de onde subtraeron 15 ordenadores portátiles, ademais de causar danos nas instalacións. 

Segundo a Garda Civil, este grupo contaba cunha ampla rede de clientes para colocar o material informático cuxo valor estimado ascende a 15.000 euros. 

Varios dos equipos xa foran vendidos a particulares.

Están a ser investigados por delitos de roubo con forza e pertenza a grupo criminal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade