Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rompen o cristal da tenda de Apple en Santiago e levan "un cuantioso botín"

Rompen o cristal da tenda de Apple en Santiago e levan "un cuantioso botín"

Polo menos foron catro os asaltantes

A Policía Nacional encárgase da investigación

G24.gal 27/05/2025 15:21

Polo menos catro persoas romperon o cristal da tenda que ofrece o servizo de Apple en Santiago de Compostela e levaron un "cuantioso botín". O suceso tivo lugar minutos antes das 6:00 horas da madrugada no establecemento As Computer, situado na avenida de Barcelona de Santiago de Compostela.

Os presuntos autores accederon ao local tras facer un buraco no cristal do escaparate. Unha vez dentro, tal e como apuntaron estas fontes, fixéronse cun "cuantioso botín". Da investigación fíxose cargo a Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade