Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un acordo entre Correos e Mulleres Rurais facilita o emprendemento

Un acordo entre Correos e Mulleres Rurais facilita o emprendemento

Favorece a comercialización dos produtos e dálles visibilidade a través da páxina web

Un selo de calidade avala que os artigos son de elaboración artesanal

G24.gal 26/05/2022 21:27

Sacar adiante un proxecto ten as súas dificultades, e máis no rural, pola falta de infraestruturas e servizos. Rocío dedícase á elaboración a man de bonecas e, grazas ao acordo con Correos, pode enviar a súa mercadoría a onde lla pidan. 

A ferramenta presta un servizo que ás veces no rural é difícil conseguir. Ademais Correos imprime un selo de calidade que certifica que o produto é artesanal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade