Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un accidente múltiple deixa tres feridos en Gondomar

Un accidente múltiple deixa tres feridos en Gondomar

O sinistro produciuse na tarde deste xoves na autovía que enlaza Vigo con Baiona

G24.gal 24/07/2025 20:46

Tres  persoas quedaron feridas nun accidente múltiple na autovía AG-57, a do Val Miñor, que enlaza Vigo con Baiona.

No sinistro víronse implicados tres coches que circulaban pola vía nese momento.

Un deles acabou envorcando e quedou coas rodas para arriba.

Varios particulares avisaron o 112 do sinistro.

Cando chegaron os equipos de emerxencias, os tres feridos, os tres ocupantes dos coches, xa conseguiran saír do interior polo seu propio pé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade