Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha condutora resulta ferida ao caer o seu coche por unha forte pendente en Teo

Unha condutora resulta ferida ao caer o seu coche por unha forte pendente en Teo

A condutora baixou do coche e esqueceu poñer o freo 

A muller só sufriu feridas leves ao intentar evitar a caída do vehículo 

G24.gal 21/07/2025 13:59

Un coche caeu por unha pendente en Teo, na urbanización dos Tilos, ao esquecerlle poñer o freo de man á súa condutora. Esta quedou ferida ao tratar de deter o suceso.

Foron os veciños da propia urbanización os que captaron as imaxes nada máis producirse o accidente. O coche caeu pola rúa, levando por diante o valado e rematou no fin da pendente, percorrendo cincuenta metros.

O vehículo xa puido ser retirado, pero para os veciños foi un tema destacado no día. Aínda así, as pegadas do sinistro aínda continuaban á vista.

"Aparcou o coche na rúa de arriba, baixouse e o coche saíu cara abaixo e caeu polo terraplén que hai alí", resolveu un dos veciños.

A pesar do forte golpe, a condutora só sufriu feridas leves e o accidente non causou danos a terceiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade