Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home en Sada ao envorcar o tractor que manexaba

Morre un home en Sada ao envorcar o tractor que manexaba

O falecido, duns 85 anos, traballaba nunha leira privada e quedou atrapado polo vehículo

G24.gal 13/06/2022 13:18

Un home duns 85 anos faleceu este luns á mañá en Sada ao envorcar o tractor que conducía e quedar atrapado. O 112 informa do accidente de que a pesar da intervención dos medios sanitarios, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O sinistro produciuse nunha leira privada. Ocorreu contras 10:45 da mañá. Varias persoas chamaron para pedir asistencia médica urxente para unha persoa que sufrira un accidente mentres manexaba o tractor no lugar de Souto, na parroquia de Carnoedo.  

Ata o lugar acudiron, tras ser informados os xestores de emerxencia, profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Sada e axentes da Garda Civil e da Policía Local. Do mesmo xeito, informouse os Bombeiros de Betanzos.  

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado, ademais dun equipo sanitario de Atención Primaria, que confirmou o falecemento no lugar do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade