Últimos preparativos para a Feira do Capón de Vilalba
Os criadores temen que a folga de transporte dificulte os envíos por España
Comezaron xa as matanzas mentres ultiman tódolos preparativos para a feira do 21
Os primeiros capóns de Vilalba toman rumbo xa ás casas de moitos galegos e tamén foráneos que non queren quedar sen este manxar do Nadal. Os criadores preparan ademais a tradicional feira do vindeiro día 21.
Este ano teñen certo medo a que a anunciada folga no sector do transporte, que podería comezar o vindeiro luns, lles cause trastornos, xa que boa parte dos capóns mándanse a distintos puntos de España.
Os criadores din que é un produto único que sempre garante calidade. Pesan ao redor de cinco quilos e medio, e poden acadar un prezo entre 90 e 100 euros nunha feira que este ano contará cunha demostración de cociña e cunha degustación de receitas típicas de capón.