Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump marca o ritmo, por Venancio Salcines

Trump marca o ritmo, por Venancio Salcines

G24.gal/Venancio Salcines 14/02/2025 08:01

Trump é un mar de incógnitas. Moita ameaza que queda niso, ameaza, pero tamén ten realidades. A máis evidente é un novo marco xeopolítico en Europa, froito dunha aparente relación fluída con Putin, presidente de Rusia. O novo marco materializase nun proceso de diálogo forzado polo que Ucraína ten que sentar, de xeito definitivo, a negociar o peche de conflito bélico. É evidente que o mesmo non está negociado coa Unión Europea e terá en conta unha boa parte das reclamacións de Moscova. Por iso é sinxelo deducir que veremos como os EUA achegan osíxeno á economía rusa. A primeira vía será, loxicamente, pola produción de petróleo, facilitando as vendas e intentando que o petróleo ruso volva aos seus mercados tradicionais.

Por iso, o mundo enfróntase a un incremento da oferta e, en paralelo, a unha ameaza de arrefriamento económico, froito dunha hipotética guerra arancelaria. Maior oferta e demanda contida só leva a un lugar, baixada de prezos en petróleo e en gas. Na medida que a Unión Europea se sume a este novo marco poderemos ver como o gas ruso volve alimentar a industria centroeuropea. Ocorrerá? Non o sabemos, pero esa posibilidade está máis cerca que onte. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade