Publicador de contidos

Publicador de contidos

Recrúa a tensión entre Tailandia e Camboxa á espera da mediación dos EUA

Recrúa a tensión entre Tailandia e Camboxa á espera da mediación dos EUA

Os últimos ataques na fronteira deixan polo menos 22 mortos e medio millón de desprazados

O enfrontamento entre Tailandia e Camboxa deixa medio millón de desprazados a ambos os lados da fronteira (REUTERS/Kim Hong-Ji) O enfrontamento entre Tailandia e Camboxa deixa medio millón de desprazados a ambos os lados da fronteira (REUTERS/Kim Hong-Ji)
G24.gal 11/12/2025 09:32

O enfrontamento que Tailandia e Camboxa manteñen na súa fronteira común por quinto día consecutivo deixa polo menos 22 mortos: 12 ao lado tailandés e 10 no camboxano. A tensión recrúa á espera da mediación do presidente estadounidense Donald Trump, quen xa interveu na última onda de violencia desatada o pasado xullo.

O portavoz do Ministerio de Defensa de Tailandia, Surasant Kongsiri, confirmou este xoves nunha comparecencia de prensa a morte de nove militares e tres civís, mentres o ministro de Información de Camboxa, Neth Pheaktra, reportou dez civís falecidos. De momento non informou de baixas de soldados, aínda que se prevé que as haxa, segundo medios locais.

Trump afirmou o martes que chamaría os líderes de Tailandia e Camboxa, Anutin Charnvirakul e Hun Manet respectivamente, tras o novo enfrontamento, que supón a maior escalada desde xullo do histórico conflito territorial que arrastran as nacións veciñas pola soberanía de varios territorios próximos á súa fronteira común, duns 820 quilómetros, cartografada por Francia en 1907, cando Camboxa formaba parte da Indochina francesa.

"Mañá terei que facer unha chamada telefónica", dixo o presidente estadounidense nun acto político no estado de Pensilvania.

A onda de ataques de xullo ocasionou preto de medio centenar de vítimas mortais en cinco días e rematou cun cesamento do fogo pactado en Malaisia.

O novo episodio de refregas entre Bangkok e Nom Pen que estalou o domingo e foi escalando a operacións aéreas e navais, ademais de terrestres, deixa máis de medio millón de persoas desprazadas a ambos os dous lados da divisoria, unhas 400.000 en Tailandia e máis de 190.000 en Camboxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade