Trump minimiza as novas fotos con Epstein publicadas polo Congreso: "Non son gran cousa"
Apareceron 19 novas fotografías nas que Epstein se ve acompañado de rostros ben coñecidos, comoTrump, Clinton, Bill Gates ou director de cine Woody Allen.
Os documentos están sendo analizados por un Comité de Supervisión do Goberno tras a presión exercida polos congresistas demócratas
Os demócratas do Comité din que as 19 fotos son un adianto das 95.000 recibidas
O caso Epstein segue dando que falar. Apareceron 19 novas fotografías nas que se ve acompañado de rostros ben coñecidos. Aparecen Trump, Clinton, Bill Gates, o director de cine Woody Allen e Steve Bannon. Nas imaxes vese ademais un sobre de preservativos coa cara do presidente estadounidense.
Os documentos están sendo analizados por un Comité de Supervisión do Goberno tras a presión exercida polos congresistas demócratas. Trump asegura que todo é un engano, e di que non hai ningunha irregularidade nas fotografías amosadas.
Trump di que as fotos "non son gran cousa"
O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, afirmou este venres que as fotografías relacionadas coa investigación sobre Jeffrey Epstein nas que el aparece, e que foron publicadas hoxe polo Congreso, "non son gran cousa".
Ao ser consultado por xornalistas no despacho oval, o mandatario minimizou as fotos difundidas con insistencia polos demócratas da cámara de representantes, agregando que "hai centos de persoas que teñen fotos con el", e reiterou que non sabía nada sobre as actividades do pederasta, falecido en 2019.
"Todo o mundo en Palm Beach", lugar onde Trump ten a súa residencia de Mar-a-Lago, "coñecía este home", engadiu.
Entre as 19 imaxes publicadas polos demócratas do Comité de Supervisión da cámara baixa destacan as de Trump posando xunto a seis mulleres, ás que se lles tapou o rostro para protexer a súa identidade, outra do mandatario falando cunha muller xunto a Epstein e outra sentado xunto a outra moza.
Os demócratas do Comité din que as 19 fotos son un adianto das 95.000 recibidas.