Triplícase a venda de probas de antíxenos en Galicia, superando as 29.000 en xullo
En Navarra e Cantabria as cifras multiplicáronse por sete
As farmacias triplicaron na última semana as ventas de test de antíxenos con respecto a finais de xuño. Cos datos de 6.500 farmacias, chegáronse a 232.166 probas vendidas, case un cuarto delas en Cataluña. Non obstante, a maior suba porcentual prodúcese en Navarra e Cantabria, onde se multiplicaron por sete as vendas.
En España, nunha semana, a incidencia en Atención Primaria aumentou 13 puntos, de 75 casos por 100.000 habitantes a 88. A principios de xullo era 29.
Mentres, a taxa de hospitalización sitúase en 2,04 (no anterior informe era 0,75), pero con cambios desde finais de xuño. Os expertos auguran que os casos seguirán avanzando nas próximas semanas polo aumento das interaccións sociais propias do verán, pero a maioría seguirán sendo leves sen repercusión relevante nas taxas de hospitalización e ingresos nas UCI.