Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres accidentes de tráfico en Cambre, Padrón e Sada deixan varias persoas feridas

Tres accidentes de tráfico en Cambre, Padrón e Sada deixan varias persoas feridas

En Cambre, un coche envorcou e os tres ocupantes tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario

No sinistro de Padrón houbo tres vehículos implicados e unha persoa tivo que ser excarcerada

En Sada, bateron un turismo e unha moto e os seus condutores ingresaron no CHUAC

O coche accidentado en Cambre. FOTO: Consorcio da Coruña O coche accidentado en Cambre. FOTO: Consorcio da Coruña
G24.gal 06/04/2025 10:59 Última actualización 06/04/2025 11:33

Tres persoas quedaron feridas nun accidente na A-6 ao seu paso por Cambre, outra precisou ser excarcerada nun sinistro en Padrón e, en Sada, dúas máis foron trasladadas ao hospital tras bateren un coche e unha moto.

Segundo informan os servizos de emerxencias, o accidente de Cambre rexistrouse minutos antes das cinco da mañá no quilómetro 580 da A-6, ao seu paso pola parroquia de Andeiro, en sentido Madrid.

O coche implicado quedou envorcado na beiravía e os tres ocupantes, que saíron polo seu propio pé, precisaron asistencia sanitaria e foron evacuados ao hospital de referencia.

Tres turismos implicados en Padrón

Horas antes en Padrón, un sinistro con tres vehículos implicados obrigaba a excarcerar unha persoa no quilómetro 1,5 da DP-3302, no lugar de Cruces.

Os bombeiros encargáronse de liberar o home, que foi trasladado en ambulancia ao complexo hospitalario universitario de Santiago (CHUS).

 

Dous vehículos implicados no sinistro de Padrón. FOTO: Consorcio Provincial da Coruña Dous vehículos implicados no sinistro de Padrón. FOTO: Consorcio Provincial da Coruña

Un turismo e unha moto baten en Sada

Tamén o sábado de noite, os ocupantes dun turismo e dunha moto foron trasladados ao complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) tras chocaren ambos os dous vehículos en Sada.

O accidente foi no quilómetro 4,6 da DP-5813, segundo informa o Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Coruña, que desprazou un equipo de bombeiros do parque provincial de Betanzos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade