Publicador de contidos
Publicador de contidos

Transportes non descarta a sabotaxe no servizo de trens de proximidade de Barcelona

Transportes non descarta a sabotaxe no servizo de trens de proximidade de Barcelona

Óscar Puente cre que a hipótese do roubo de cobre é a que menos se sostén

Serán necesarios dous meses para recuperar a normalidade e custará quince millóns 

G24.gal 13/05/2024 20:40 Última actualización 13/05/2024 20:54

O Goberno denunciará nos xulgados o roubo de cable de cobre que provocou unha avaría xeneralizada no servizo de trens de proximidade de Barcelona. Anunciouno o ministro de Transportes. Óscar Puente dixo que é difícil soster a tese do roubo e engadiu que o suceso ten outra aparencia.

"Eu non afirmo que haxa sabotaxe, pero tampouco podo descartalo. Chamoume moito a atención que onte os mossos, sen entrar nos túneles onde se produciran os incendios, xa tiñan unha conclusión. Descartaban a sabotaxe. Pois aplaudo os seus coñecementos", asegura Óscar Puente, ministro de Transportes.

O ministro de Transportes tamén quixo responder ás declaracións do director dos mossos, que lle recordaba ao Adif que, como titular da infraestrutura, tiña que protexela.  

"Os actos vandálicos, os roubos, a seguridade das persoas... todo iso  recae sobre os mossos. A responsabilidade do Adif nesa materia é complementaria e subordinada, non directa. A responsabilidade directa, como non pode ser doutro modo, é da policía", afirma Óscar Puente, ministro de Transportes.

Transportes calcula que máis de 3,2 millóns de viaxes se van ver afectadas ata que se recupere a normalidade do servizo, prevista para dentro de dous meses. Renfe poñerá en marcha un plan alternativo de transporte de urxencia nas liñas que continúan afectadas. O ministerio cifra o custo económico en 15 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade