Publicador de contidos

Publicador de contidos

Traloagro dará o salto ao mercado estatal coa comercialización de carne ecolóxica galega

Traloagro dará o salto ao mercado estatal coa comercialización de carne ecolóxica galega

A firma gañadora do premio Aresa xa está presente en ecotendas de León e de Asturias

No Biocentro Cárnico de Friol, o persoal de Traloagro elabora hamburguersas ecolóxicas
Félix Aragunde 04/02/2025 19:19 Última actualización 04/02/2025 19:32

Traloagro, con sede en Friol, está especializada na venda de carne ecolóxica. Tras facerse co último Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, a firma prepara agora o salto ao mercado estatal.

Para iso, busca colaboradores que completen a súa produción de vacún e a dous seus produtores de porcino, caprino e ovino.

Isabel Gómez, xerente de Traloagro: "Nas estratexias de expansión que fomos desenvolvendo, xa temos ecotendas colaboradoras en Asturias e en León. Para seguir coa expansión prevista, precisamos produtores de cochos, ovellas e cabras, e tamén de bovino".

Polo momento, Traloagro centrouse na venda ao consumidor final, a través dunha rede de ecotendas, e tamén aos comedores escolares.

Pero agora aspira a aumentar a súa presenza fóra de Galicia nos supermercados de produtos ecolóxicos, na restauración e tamén nos comedores colectivos.

Isabel Gómez, xerente de Traloagro: "Traballamos nos colexios, a través do programa 'Come local' da Xunta, e tamén en comedores de empresas e na liña 'HORECA', incluídos restaurantes con estrela Michelin. E esas estratexias queremos trasladalas a España".

Fundado en 2010, o proxecto de Traloagro comezou dez anos despois a vender directamente carne ecolóxica certificada dende o seu Biocentro Cárnico, unhas instalacións de 1.500 metros cadrados onde se despeza, almacena, cura e elabora os produtos que comercializa.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade