Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico realiza esta semana unha campaña de control do transporte escolar

Tráfico realiza esta semana unha campaña de control do transporte escolar

Os axentes controlarán cuestións como se os nenos van debidamente acompañados, amais das condicións dos vehículos e os condutores

Galicia é a comunidade que conta con máis rutas de transporte escolar

G24.gal 22/05/2023 11:20

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia este luns unha campaña especial de control de transporte escolar que se desenvolverá ata o vindeiro venres, 26 de maio, para comprobar que tanto os autobuses como os condutores cumpren coa normativa.

Os axentes de Tráfico da Garda Civil e policías locais que van participar nos controis comprobarán cuestións como se os menores van debidamente acompañados nos desprazamentos por unha persoa debidamente cualificada.

A Delegación do Goberno en Galicia salienta que esta campaña ten unha especial transcendencia na comunidade galega, xa que é a que conta con máis rutas de transporte escolar en todos os niveis educativos.

Máis de 95.000 alumnos e alumnas de case 900 centros educativos públicos, concertados e privados de toda Galicia son transportados en cada curso académico.

Os controis serán tanto de carácter administrativo, sobre as autorizacións e documentos dos vehículos, como sobre as condicións técnicas e elementos de seguridade dos mesmos, así como os requisitos especiais que debe cumprir o propio condutor, respecto ao permiso de condución e tempos de descanso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar