Publicador de contidos

Publicador de contidos

As novas luces de emerxencia obrigatorias para o coche terán que estar conectadas coa DXT

As novas luces de emerxencia obrigatorias para o coche terán que estar conectadas coa DXT

A partir de xaneiro a V16 terá que contar con conectividade para alertar á DGT3.0

As luces sen conexión viñan custando uns 20 euros, pero as conectadas superan os 50

G24.gal 08/05/2025 21:10 Última actualización 08/05/2025 21:23

As luces de emerxencia que substitúen os triángulos xa son habituais nos nosos vehículos, pero a partir do ano que vén é posible que non lles sirvan as que xa teñen. 

Jorge Rapado Ogando, xerente da Autoescola Coia, explica que moitas das que empregamos "non serían válidas porque nin cumplen duración de batería, nin teñen a localización con tarxeta SIM". "Agora están homologados os dous tipos, pero a partir de xaneiro serán os que levan", matiza Israel Iglesias Sánchez, responsable de tenda de Comercial Sía.

Será obrigatorio que estean conectadas para alertar a Dirección Xeral de Tráfico. "Cando se activan vanse conectar coa DXT 3.0 e tamén aparecerá nos navegadores o punto onde está o accidente ou a avaría", detalla Rapado.

A nova medida preocupa os condutores, as luces sen conexión viñan custando uns 20 euros, pero as conectadas superan os 50.

Segundo indica a propia DXT o dispositivo terá que funcionar sen necesidade de aplicacións no móbil e o custo do parello debe incluír 12 anos de servizo como mínimo.

Hai que fixarse ben nas marcas autorizadas e verificar a data de caducidade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos