Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malestar e inquedanza ante posibles atascos polo do corte dun dos carrís da Ponte de Pedra de Pontedeume

Malestar e inquedanza ante posibles atascos polo do corte dun dos carrís da Ponte de Pedra de Pontedeume

A restrición para acometer labores de rehabilitación no firme comeza este mércores 7 de maio e prolongarase ata o 20 de xuño

A Policía Local pide evitar circular nesta zona durante as horas puntas e ofrece a autoestrada como alternativa

G24.gal 06/05/2025 14:09

Última xornada de tráfico fluído na Ponte da Pedra en Pontedeume. A partir deste mércores comezan as obras de rehabilitación, que acomete o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, co peche dun carril ao tráfico.

"Basicamente é unha consolidación do firme da ponte e despois, unha ampliación e mellora tanto do firme como da zona peonil", explica José María Fajardo de Andrade, xefe da Policía Local de Pontedeume.

"Toca sufrir e pasalo mal". "Perderemos máis tempo". "A que hora hai que erguerse para ir traballar?", din os veciños.

E por isto, os taxistas, entre outros, afrontan estes traballos con inquedanza.

 "Se hai caravanas de 45 min. vannos facer perder viaxes..."

Tamén os comerciantes da vila temen perder clientela.

 "Buscarán outros lugares para ir mercar".

Así que cómpre armarse de paciencia e mesmo buscar alternativas.

 "Hai que evitar circular por aí nas horas punta. E a alternativa que hai é a autoestrada...", explica o xefe da Policía Local.

Esta intervención, que conta cun investimento de case 6,8 millóns de euros, vaise prolongar durante as próximas sete semanas, ata o 20 de xuño. Despois retomarase o 12 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade