Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operación retorno sen incidencias en Galicia na ponte festiva de maio

Operación retorno sen incidencias en Galicia na ponte festiva de maio

A Garda Civil de tráfico aumenta a súa presenza nas estradas galegas mediante controis de alcol e drogas

No que vai de ano nas estradas galegas faleceron vinte e unha persoas

G24.gal 03/05/2025 14:53

Aínda que a maior parte de desprazamentos espérase para a xornada de mañá, dende primeiras horas a Garda Civil de Tráfico está intensificando a realización de controis de drogas e alcol nas estradas galegas para evitar que se produzan sinistros durante a operación retorno por mor da ponte festiva.

"Principalmente a atención céntrase no que vén sendo o consumo de alcol e drogas; e na circulación, evitar todo tipo de distraccións, como o uso do teléfono móbil. E especial atención aos usuarios vulnerables, como motociclistas e peóns", sinala Tomás Varela, capitán da Garda Civil de Tráfico na Coruña.

A presenza de alcol e drogas nos condutores é unha das cuestións que máis preocupa os axentes, xa que aumenta o risco de accidente. Porén, neste control iniciado preto de Santiago de Compostela, a maioría dos condutores deron negativo nos tests.

"Recoméndase organizar a viaxe con tempo e saír a horas onde a circulación sexa menor para evitar estas retencións, pero é unha medida que aquí de momento tampouco se está a notar", salienta o capitán Tomás Varela.

No que vai de ano en Galicia faleceron vinte e unha persoas por accidentes de tráfico. É case a metade que no ano anterior, pero aínda así os axentes insisten: a única condución segura é a que respecta a normas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade