Tráfico fluído na A-55 no inicio das obras de reparación dos noiros
O corte afecta un quilómetro da autoestrada, xusto despois do enlace coa AP-9
Tráfico fluído e ausencia de retencións importantes un día despois de que comezara o proceso de reparación dos noiros danados polas chuvias do inverno na A-55, a principal ruta de acceso á fronteira portuguesa desde Vigo.
O corte afecta un quilómetro da autoestrada, xusto despois do enlace coa AP-9.
Neste punto, os catro carrís da vía redúcense a dous para permitir circular en ámbalas direccións por un só carril.
"Espero que rematen pronto".
"Agora que entra o verán é posible. É un pouco incómodo, pero é o que hai".
"Pode haber. Porque están moitas estradas interrompidas por causa deses traballos".
Se se cumpren os prazos previstos, as obras deberían estar rematadas o próximo 30 de xuño.