Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cativada despide as vacacións de verán coa diversión da Cidade Imaxinaria

A cativada despide as vacacións de verán coa diversión da Cidade Imaxinaria

O Gaiás converteuse un ano máis nun espazo de maxia e fantasía

Incluíu 15 propostas con espectáculos fixos e itinerantes, música, pasarrúas, zonas de xogo e espazos para estimular a creatividade

G24.gal 06/09/2025 21:27 Última actualización 06/09/2025 22:20

Cidade Imaxinaria é unha das citas clásicas da programación infantil do Gaiás, en Compostela, cunha grande variedade de actividades e de diversión.

"Pasámolo pipa o ano pasado e decidimos volver a ver os malabares, escoitar a música".

"O máis especial son as cometas e vir aquí a divertirse", din algúns dos participantes.

Os máis pequenos non o dubidaron, tomaron a Cidade da Cultura e convertérona nun lugar cheo de maxia e de fantasía, con cadeiras que cantan, animais xigantes, acrobacias imposibles ou xogos para deter o tempo.

"Nós somos asiduas, vimos desde que ela tiña catro anos".

"Por agora fixen os xogos populares e mover estes pratos".

"É un lugar marabilloso para a creatividade e os rapaces pásano fenomenal", engaden outros.

Cidade Imaxinaria incluíu 15 propostas con espectáculos fixos e itinerantes, música, pasarrúas, zonas de xogo e espazos para estimular a creatividade. Tamén houbo tempo para gozar de larpeiradas cunha zona gastronómica pensada para as familias.

"Tes moitas actividades para non aburrirte".

"Hai un sitio para escalar, podes ver espectáculos e xogar no parque", destacan algúns cativos.

Foi unha tarde de sábado na que a cativada despediu as vacacións de verán por todo o alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade