Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Santa de Asorey regresa a Galicia para quedar na Cidade da Cultura

A Santa de Asorey regresa a Galicia para quedar na Cidade da Cultura

É unha das obras máis emblemáticas que retorna tras 70 anos no Uruguai

A Xunta quere que sexa a primeira peza dunha colección que reúna obras icónicas dos últimos dous séculos

A colectividade galega de Montevideo foi quen comprou en 1951 a escultura e quen a conservou ata agora. EFE/Lavandeira jr.
G24.gal 28/07/2026 15:01 Última actualización 28/07/2026 15:32

Santa, a escultura de Francisco Asorey, e unha das obras máis emblemáticas do noso patrimonio cultural, regresa a Galicia para quedar permanentemente na Cidade da Cultura tras 70 anos no Uruguai. A Xunta aspira a que esta peza sexa a orixe dun espazo expositivo de obras icónicas da arte galega no Museo do Gaiás.

Asorey rompeu os cánones esculpindo en madeira policromada hai xusto agora 100 anos unha muller espida, co corpo marcado polo traballo no campo que tamén representa o xugo que leva no lombo en actitude firme e ollada serena.

Santa foi comprada pola colectividade galega de Montevideo no 1951 e pola Xunta no 2023, aínda que estivo ata agora no Uruguai, e logo de pasar uns meses nunha exposición temporal na Cidade da Cultura.

"Hai obras espalladas polo mundo qeu son emblema dun país e nosa caso de Asorey obras moi importantes, afortunadamente poucas, que estaban fóra. A partir de hoxe unha menos", afirmou Miguel Fernández-Cid, director do MARCO.

Peza fundamental do patrimonio galego e símbolo da nosa diáspora, que foi quen a conservou, a Xunta quere que esta sexa a primeira peza dunha colección que reúna obras icónicas dos últimos dous séculos. Asó o avanzou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no acto de recepción de Santa, ao que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, familiares de Asorey e representantes de entidades culturais e da colectividade galega no exterior.

"A orixe para un proxecto expositivo de futuro no que a plástica galega poida interactuar nun espazo propio na Cidade da Cultura para que poidan ter esa interlocución as distintas obras que os expertos entenden que forman parte da nosa memoria colectiva", explicou López Campos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade