Cargando resultados...
O Parga Rock reúne na localidade guitiricense oito bandas españolas
O festival organízase desde hai oito anos coa intención de dinamizar o lugar e como unha xornada de encontro con actividades para maiores e pequenos
G24.gal
06/09/2025 21:17
En Parga xa teñen todo preparado para a derradeira actuación do festival que desde hai oito anos se leva a cabo nesta localidade do Concello lucense de Guitiriz. Manifesta Martín Rábade, un dos membros da organización deste evento que "é un festival de música rock, de todos os estilos".
Oito grupos participan nesta cita musical que pretende dinamizar o lugar.
O Parga Rock nace coa idea de gozar dunha xornada de convivencia entre persoas de todas as xeracións no que tamén hai oco para a billarda.
Un festival en torno á música que busca a participación de todo o pobo.