Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballar fóra do horario aumenta o estrés e dificulta a desconexión

Traballar fóra do horario aumenta o estrés e dificulta a desconexión

Un 12 % dos españois levan o traballo para a casa

A xente nova con destrezas tecnolóxicas é a que máis traballa fóra de horario

A pandemia trouxo o teletraballo
G24.gal 02/08/2022 14:46

Un 37 % dos españois segue traballando fóra do horario laboral. Así o revela un informe elaborado por unha empresa de traballo temporal que está investigando sobre como a pandemia mudou tamén as formas de traballar.

 "Ao final sempre estás dando máis tempo do que deberías"

"Pásaste un pouco de horas ás veces, pero é así, tes que aceptalo e se non queres ti o traballo cólleo outro"

"O tempo non alcanza e tes que levar o traballo para casa e ao final é como que o horario laboral un nunca sae á hora que lle corresponde", comentan na rúa.

Case un 40 por cento dos españois seguen traballando polo menos 3 días á semana despois de rematar a súa xornada. Moitos mesmo levan o traballo para casa. As novas tecnoloxías poden converterse no peor inimigo.

"Ao final todos temos correo, temos móbil, temos WhatsApp, temos corenta mil redes para poder contactar cos clientes e ao final pois mira son as 10 da noite, 11 e hai un cliente que te chama, que che manda un WhatsApp, mira por favor soluciónasme isto, soluciónasme o outro, temos isto pendente, hai isto outro, ou sexa que ao final a desconexión creo que é pouca ou nada", apunta unha rapaza

Segundo un informe elaborado por unha empresa de traballo temporal, esta carga a maiores aumenta o estrés e fai difícil atopar vías de escape,

 "Pois leo, ou se non chego á casa e poño unha serie e desconecto"

"Collo o meu can, que me encanta, vou ao monte"

Esta flexibilidade laboral en materia de horarios é unha das principais caracterísitcas da nova normalidade derivada da covid.

"Abrimos o teletraballo dende a nosa casa e entón loxicamente hai outra porta aberta que antes non estaba", analiza unha moza

Segundo este informe, este estrés fai que 3 de cada 10 españois estean pensando en abandonar a súa empresa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar