Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian unha sabotaxe en Cervantes contra o silo de sal para botar nas estradas

Denuncian unha sabotaxe en Cervantes contra o silo de sal para botar nas estradas

Alguén abriu a porta do almacén e derramáronse 20 toneladas

07/01/2026 14:19

Unha ou varias persoas derramaron o sal de mina almacenado no silo que ten o concello de Cervantes e que se emprega para impedir a formación de placas de xeo. Os feitos ocorreron nas últimas horas, precisamente nunhas xornadas nas que houbo numerosas precipitacións en forma de neve por esta zona da montaña luguesa.

En total perdéronse 20 toneladas deste mineral. O silo está completamente baleiro, co cadeado roto. Un chiste malo, unha broma pésima que obrigou a Área de Xestión da Deputación de Lugo a mercar sal mariño de urxencia para evitar que se formen placas de xeo nas estradas.

Se cadra os que derramaron o sal a mantenta non pensaron en que este sal é un ben de todas e todos e que cando se bota nas estradas é para evitar accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade