Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tino Saqués sobre a destitución de Munitis: "Non foi un arrebato meu ás dúas da mañá"

Tino Saqués sobre a destitución de Munitis: "Non foi un arrebato meu ás dúas da mañá"

Para o presidente, o Lugo de Munitis era un equipo "sen identidade"

G24.gal 20/12/2023 12:36 Última actualización 20/12/2023 12:44

O presidente do Club Deportivo Lugo, Tino Saqués, aproveitou este martes a apertura da nova CDLU Store para facer un breve balance do actual momento do equipo e da sorprendente destitución de Pedro Munitis na madrugada do sábado ao domingo da pasada fin de semana.

O máximo dirixente non rexeitou ningunha cuestión e asegurou, entre outras cousas, que o Lugo de Munitis era un equipo "sen identidade" e que, na súa opinión, o equipo dá para "máis" do que se conseguiu ata o de agora.

"O obxectivo non é outro que o ascenso", afirmou Saqués á pregunta sobre a saída de Pedro Munitis.

"Estabamos moi lonxe de ter unha identidade, de ser un equipo gañador, de saír aos partidos confiados e crendo na vitoria", engadiu.

"Non se vía un xogo que indicase que isto podería mellorar no día a día, e no canto de crecer, decreciamos. Con Munitis ningún xogador deu o máximo, creo que ningún chegou ao 80 ou ao 90 por cento e a competitividade baixaba xornada a xornada. Era algo inviable".

Sobre a hora escollida polo club para anunciar a saída do cántabro, Saqués negou que fose un "arrebato" e explicou que "se deu así" porque se atrasou o voo en avión a Galicia.

"A idea era chegar ás 23:30 a Lugo, pero atrasouse o voo. A miña idea era falar co adestrador en Lugo, pero tal e como se deu todo llo comuniquei en Santiago, para que el llelo comunicase aos xogadores e estes non o soubesen a través do comunicado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade