Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ternera Gallega Suprema denuncia que se está vendendo como galega carne que non o é

Ternera Gallega Suprema denuncia que se está vendendo como galega carne que non o é

Nalgunhas ocasións os animais que se criaron fóra sacrifícanse aquí para meter a palabra Galicia na etiqueta

G24.gal 24/02/2023 21:44

Vacas que pacen libres coidando da contorna, xatos que maman das nais ata os sete meses. Así se crían os animais amparados pola IXP Ternera Gallega Suprema.

Unha imaxe de prestixio da que, denuncian, se están a aproveitar algunhas carnes que se fan pasar por galegas cando non o son.

Noutras ocasións, din, os animais sacrifícase aquí pero criáronse fóra e o que se busca é meter a palabra Galicia na etiqueta.

Un problema que, sumado ao dos baixos prezos, os deixa nunha situación moi delicada.

Queren poñer en valor o sistema de cría tradicional, e que o consumidor recoñeza o papel ambiental, social e dinamizador das ganderías de Suprema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade