Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cen anos de gandería familiar no Castro de Caldelas

Cen anos de gandería familiar no Castro de Caldelas

A familia do Clarete mantén viva a explotación, que hoxe ten máis de 300 cabezas

G24.gal 13/05/2026 14:01

Hai oficios que se aprenden e outros que se herdan. 

"Crieime xa con vacas, meus pais xa as tiñan. Non había tantas. Tiñamos 6 ou 7", di Carme, a avoa dos Claretes.

Na gandería O Clarete, no Castro de Caldelas, hai máis de cen anos que o coidado do gando forma parte da vida da familia.

Conta que “botaban as vacas ao monte todos os días e había que gardalas, porque non tiñan cercados".

Manuel e a súa muller, Carmen, colleron as rendas da explotación cando apenas tiñan 12 vacas e un touro. Hoxe, a gandería supera as 300 cabezas e completan o traballo coa venda directa da carne na súa propia carnicería.

"A familia segue participando toda no que pode, pero hoxe están en extensivo e imos velas para que pairan ben, pero non é o mesmo. Non hai que loitar con elas diariamente", conta Manolo.

Para a nova xeración, seguir coa gandería foi algo natural.

"Foi algo que lle gustou sempre, e aínda que estaba estudando, cando acabou, como lle gustaba, veuse para aquí. Cada día e diferente e lévase moi ben. Vés e ves as vacas e os porcos, levántaste e pasa o día voando", di Cristian.

Unha explotación familiar que segue a camiñar co mesmo nome.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade