Tere Abelleira, indiscutible na vitoria española da Copa das Nacións
A xogadora pontevedresa disputou os noventa minutos contra a República Checa e afianza as súas opcións de estar na lista definitiva para o Mundial
Na Copa das Nacións España pechou a súa participación cunha vitoria sobre Chequia por 3 goles a 0. Esther González marcou por partida dobre e Athenea del Castillo completou a goleada. A selección aprobou con nota este ultimo exame polas antípodas, a onde volverán este verán para disputar o Mundial.
A pontevedresa Tere Abelleira foi titular e xogou os noventa minutos. Abelleira afianza as súas posibilidades de estar na lista definitiva de Vilda para o vindeiro Mundial, que se disputará tamén en terras australianas este verán.
A selección feminina disputará dous amigables no mes de abril, ante Noruega e China, antes de afrontar a Copa do Mundo.