Cargando resultados...
Terceiro triunfo dun Racing imparable que se mantén no máis alto
Un solitario gol de Héber chegoulle para gañar no campo do San Fernando
G24.gal
11/09/2022 21:23
Tres partidos e tres vitorias do Racing, que aguanta o ritmo do Córdoba á fronte da Primeira Federación. Volveu amosar o cadro departamental as virtudes deste comezo de campionato. Fixo un partido moi serio en defensa e atopou o gol do triunfo ao comezo da segunda parte.
Foi nun erro groseiro do porteiro local Falcón, que se trabucou nunha saída de xogo e entregou o balón a Héber Pena. O extremo racinguista non desaproveitou o agasallo e marcou cunha gran vaselina.
Apertou o San Fernando á procura do empate, pero o Racing resolveu todas as dificultades defensivas. A expulsión de Farrando a dez minutos do final acabou coa insistencia andaluza.