Publicador de contidos

Publicador de contidos

Terceira vida para o Muíño do Carrizo de Neda

Terceira vida para o Muíño do Carrizo de Neda

Buscan poñer en valor o patrimonio etnográfico e natural do concello de Neda

As reservas para as visitas guiadas poden facerse no teléfono: 660586737

G24.gal 27/03/2026 14:11

Situado nun enclave natural privilexiado, aos pés do río Belelle, en Neda, atopamos o Muíño do Carrizo.

"A finais do século XVIII xa se fundou a fábrica de papel, nun edificio sólido, de pedra, que ía destinado a facer naipes, papel de estraza e papel ordinario. E, segundo nos rexistros, no 1873 pasou a muíño fariñeiro, levárono varios propietarios ata que en 1945 reformárono Alejandro e Elvira e chamáronlle Muíño do Carrizo", explica Xavier Pujol, o propietario.

E así funcionou ata os anos 80. Despois de catro décadas de abandono, Lola e Xavi, hai tres anos, quixeron recuperar esa esencia complementándoa cunha morea de actividades interpretativas de educación ambiental. E para iso contan cunha leira de 3 hectáreas onde cabalos, ovellas ou porcos son os protagonistas.

"Son os modeladores da paisaxe. Son os que rozan, os que deixan intactas certas especies, outras contrólannas, frean a erosión", engade Pujol.

Agora, este espazo divulgativo está aberto ao público. Lola e Xavi, ao longo de dúas horas, serán os encargados de conducir as visitas.

"Aquí podemos ver o muíño, as construcións. Podemos interactuar cos animais e dependendo da temporada que sexa pódense facer diferentes actividades", comenta Lola Calderón, a propietaria do muíño.

Unha atractiva proposta dirixida tanto a maiores como a pequenos, e que xa se pode reservar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade