Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tenerife, unha praza demasiado esixente para o Breogán (96-83)

Tenerife, unha praza demasiado esixente para o Breogán (96-83)

Os de Luis Casimiro perderon diante dun dos equipos máis en forma da ACB, con sete vitorias nos oito últimos partidos

G24.gal 02/02/2025 14:39

Visitaba o Breogán un dos equipos máis e forma da ACB. O La Laguna Tenerife encadeaba seis vitorias nas últimas sete xornadas e engadiu un triunfo máis. Gañou por 96-83 nun partido que dominou desde a parte final do segundo cuarto, e no que os lucenses acusaron o feito de xogar con só nove xogadores polas lesións de Aranitovic e Nakic.

O inicio do Breogán resultou bo, cun Eric Vila moi atinado (7 puntos) para marchar ao segundo cuarto co partido igualado (21-21). Así se mantivo ata os últimos 3:30 do segundo período (39-38) pero o conxunto canario fixo un parcial de 10-2 que comezou a rachar o partido. 

No terceiro cuarto o acerto de La Laguna acabou por desnivelar a balanza. Shermadini e Guerra estiveron imparables no xogo interior para entrar nos últimos dez minutos co partido case sentenciado (79-60). Só conseguiu maquillar a derrota un Breogán que afronta a parte máis dura do calendario porque xogará consecutivamente co Unicaja e Barcelona antes dos transcendentais partidos contra o Andorra e Leyma Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade