Cargando resultados...
Tempo frío pero solleiro nas Rías Baixas
G24.gal
14/01/2022 17:39
Non son primaverais, pero nas Rías Baixas loce un sol que alivia a sensación térmica de frío. Por iso moitas persoas aproveitan para pasear e mesmo achegarse á praia.
Aínda que as temperaturas máximas descenderon respecto aos últimos dous días, cando os termómetros chegaron a marcar en Pontevedra 21 graos nas Rías Baixas, é certo que a sensacion térmica ao sol nas horas centrais do dia é agradable.
Este sábado o ceo estará menos despexado e o domingo, aínda que soben as temperaturas, podería haber algún chuvasco esporádico.
Así que este venres os que puideron aproveitaron este tempo frío pero solleiro.