Tarde-noite de agasallos, nas pantallas da Televisión de Galicia
Especial Nadal de Bamboleo, Atrápame se podes SuperStar e Treixadura no Grandes Cachadas
Como este ano o público da Televisión de Galicia portouse ben, o ente ofrece como agasallo unha tarde-noite espectacular.
O grupo Treixadura leva sen dar un concerto desde outubro de 2019 por mor da pandemia, pero as ganas de deleitar o público coa súa música seguen aí. Treixadura volve aos escenarios este fin de ano no Luar pero antes pasa, esta tarde, polo espazo Grandes Cachadas.
"Ao principio moita xente é reticente, ver a un grupo de gaiteiros, pero se quedan ao concerto e despois o pasan ben", di Toniño López, de Treixadura.
Xa pola noite, chega unha edición moi especial de Atrápame se podes Superstar en que 10 famosos terán que enfrontarse a todo tipo de preguntas. Darán o nivel?
"Paco Lodeiro vai a por min. Entón tenme cruzado e vai buscar as preguntas para fastidiarme nada máis", asegura Roberto Vilar.
E por se fose pouco, aínda queda despois o especial de Nadal de Bamboleo, unha auténtica festa chea de música e moitos convidados.
"Lucía Pérez, Davide Salvado e Roi Casal", adianta o presentador Xosé Manuel Piñeiro.
Xa sabedes, esta tarde-noite, podedes gozar cos agasallos que trae a Televisión de Galicia.